
Seino, teño esta bitácora un pouco esquecida.
Pido indulxencia a todos os lectores dela, pero non me da máis abasto o corpo para atender a tantos proxectos nos que estou liado.
Pero hoxe topeime no Facebook unha carta aberta de un muradán alcumado Pepe do Conde. E pareceronme unhas verbas tan atinadas e sentidas que crin merecentes de pegar aquí.
Homes de Pedra en Barcos de Pau é unha bitacora que esta ideada para as xentes do mar e de Muros . Pepe do Conde é de Muros e utiliza a metáfora ben enxugada do mar para a súa carta.
Non coñezo a Pepe do Conde, é máis, non sei nin quen é. Pero a min gústanme as súas verbas.!!!
Ben queridos veciños, fai uns días que me sinto especialmente ilusionado, cheo de esperanza, e gustaríame trasladalo e compartilo con vostedes. Son un emigrante retornado que en tempo de "bonanza" económica decidín volver a traballar ó meu país e estar ó carón da miña xente, aínda que non puiden, como eu quixera, establecerme a traballar en Muros, nin tan siquera en esa época de "vacas gordas", xa que Muros no que a min me alcanza a memoria casi sempre se mantuvo inmune ó desenrolo económico, social e laboral, para poder facilitarlle o regreso tan deseado ós seus fillos, e o mesmo tempo axudarlles a manter unha boa calidade de vida ós que por diversas circunstancias decidiron desenrolar a súa vida no seu pobo sin abandoar a súa terra. Estou seguro de que coma min hai centos de muradáns que aínda que viven e traballan en diversos lugares por distintas circunstancias, sempre temos a nosa cabeza e o noso corazón pendente del, a min, personalmente, tamén me causa unha gran satisfacción que as miñas fillas compartan conmigo estos mesmos sentimentos hacia Muros, e tanto elas coma min, tratamos de mantelos vínculos que nos unen ou, si cabe, aumentalos na medida do posible. Hai un tempo que sigo con especial interese e preocupación o que é o desenrolo social, económico da vila, gústame observar con atención, analizar, reflexionar e compartilo con alguén como estou facendo agora. Vexo unha gran parte dos cidadáns con unha gran desidia e desgana hacia a clase política en xeral. Tamén vexo que aproveitando este sentimento de frustación colectiva hai algún "político" que trata de sacarlle rendimento político a iso, aínda que fose un dos causantes do problema.Vexo actitudes que me fan lembrar ideoloxías políticas que desolaron a nosa vella Europa na primeira metade do século XX, na que se aproveitaba demagóxicamente o sentimento de medo e frustación colectiva, para emplantar unha unidade monolítica en torno a un líder, con suposto carisma, e tratar de suprimir cunhas actitudes dictatoriales a discrepancia, utilizando sectariamente os medios de comunicación ó seu alcance, para difundir análisis ou estratéxias de confrontación. Pero estou seguro de que Muros non se vai deixar confundir como o fixo gran parte de Europa naquel tempo, ¡non nos merecemos eso! Non nos fai falla xente que nos faga como o "perro del hortelano" , que nin come nin deixa comer. Non nos fai falla xente que nos diga conmigo ou contra min. Non nos fai falla xente que nos traten de comprar, ou que nos traten de vender o favor sistemáticamente. Eu penso que Muros non debe de vender os seus principios, penso que Muros debe gañarse o seu futuro, él mesmo, ¡todos nós!, todos debemos bogar na mesma dirección, que non é outra, na miña humilde opinión, que buscar o benestar e o progreso en tódolos eidos do noso pobo e das súas xentes, eso debería ser a prioridade e o primordial que lle deberíamos esixir ós nosos políticos. Lémbrome das historias daqueles homiños que ían bogando ó profundo, que se deixaban a pel na traíña e moitas veces a vida, loitaban pola súa familia, pola súa xente, polo seu pobo, todos bogaban, cada un na medida das súas posibilidades ou capacidades, pero ningún xiaba, este e un bo exemplo para hoxe, muradáns, a tripulación da traíña facémola nós, non enrolaremos tripulantes que por pereza non remen, nin moito menos que xíen cando os outros reman, e tampouco enrolaremos xente que nos faga, sempre que poda ou lle conveña, desestimando o interés xeral do pobo, unha revelión a bordo. Nós o que queremos e que a tripulación se leve ben, para que esto redunde á hora de que a traíña volte a porto o antes posible nas mellores condicións e chea de peixe. Muradáns, nós tamén podemos, non sen loitar, e penso que a este barco non lle fai falla un patrón que trate ós seus tripulantes a latigazos, porque calquera persona con sentido común sabe que esa non é a mellor maneira de sacarlle o máximo rendemento á tripulación. Veciños, nós escollémolo patrón, nós escollémolos remeiros, temos unha lancha moi mariñeira pero todos temos que arrimalo hombro. Tamén me lembro daquelas cantigas que oía de neno que decían : "¡Aupa muradanos, aupa muradanos, aupa muradanos, a gañar!" Sí, a gañar o futuro, ¡nós tamén podemos! Pola moi noble, moi leal e moi humanitaria vila de Muros, e polas súas xentes. Pepe do Conde
Muros e mailo Mar ///
Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós
1 comentario
fillasdomar
25 may 2011 | 06:43 PM
esperemos que así sexa e que entre quen entre, faga o mellor por Muros.
Un saudo
Escribe un comentario