y el camino que serpea
y débilmente blanquea
se enturbia y desaparece. 

Fai moitos días que non comento nada sobre da miña dieta, porque non hai moito que dicir.
Reducín algo máis de peso, pero moi pouco. Aínda que tampouco fago xa unha dieta espartana; permítome algunhas licencias culinarias , pero logo volvo o rego.
O que si fago cada día mais é camiñar.
Estou a descubrir lugares de aquí, ¡dos arredores da miña casa que xamais ollara!
Estou a descubrir un pracer novo, o camiñar por camiñar , sen dirixirse a ningún lugar. Perderme entre corredoiras e camiños rurais e topar ca xente. Admirar a fermosura que hai agochada tan preto, regatos , fontes, arbores, leiras, casas de pedra cos tellados do cor do barro cocido das tellas do país, e as persoas. A xente que che mira o pasar e que saúda , ¡case non coñezo a ninguén!.
Fóiseme a metade da vida no mar, enguedellada entre ondas e ventos, e non tiven tempo nin de coñecer os meus veciños.
Levo aínda non 15 días en terra e estou a descubrir que hai outro mundo alén do mar. Hai outras maneiras de vivir a ver a vida que non sexan dende a ponte dun barco. Non sei se mellores ou peores pero diferentes si.
Creo que vou a disfrutar grandemente o tempo que pase en terra.
Bicos e apertas.

Hace muchos días que no comentario nada sobre de mi dieta, porque no hay mucho que decir.
Reduje algo mas de peso, pero muy poco. Aunque tampoco hago ya una dieta espartana; me permito algunas licencias culinarias, pero luego vuelvo el surco.
El que sí hago cada día mas es caminar.
Estoy descubriendo lugares de aquí, de los alrededores de mi casa ¡que jamás había visto!
Estoy descubriendo un placer nuevo, caminar por caminar , sin dirigirse a ningún lugar. Perderme entre “corredoiras” y caminos rurales y encontrar con la gente. Admirar la hermosura que hay escondida tan cerca, riachuelos, fuentes, arboles, fincas, casas de piedra con los tejados del color del barro cocido de las tejas del país, y las personas. La gente que te mira al pasar y que saluda , ¡casi no conozco a nadie!.
Se me fue la mitad de la vida en el mar, enguedejada entre olas y vientos, y no tuve tiempo ni de conocer a mis vecinos.
Llevo aún no 15 días en tierra y estoy descubriendo que hay otro mundo al otro lado del mar. Hay otras maneras de vivir de ver la vida que no sean desde el puente de un barco. No sé si mejores o peores pero diferentes sí.
Creo que voy a disfrutar grandemente el tiempo que pase en tierra.
Besos y abrazos.
PS. Creo que non e necesario lembrar que as estrofas do principio son de A. Machado.
Muros e mailo Mar ///
Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós





